publicidade hoxe

Cambre acolle ao V Batallón da Unidade Militar de Emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+
Batallón da UME en Cambre

Batallón da UME en Cambre

Cambre acollerá durante este fin de semana ao V Batallón da Unidade Militar de Emerxencias (UME) que desenvolverá labores contra os incendios en toda a provincia. A alerta vermella decretada polo goberno na comunidade galega fixo que se despracen desde distintos puntos de España aos batallóns da UME para loitar contra os posibles lumes. O V Batallón da UME traballará en toda a provincia coruñesa e durante este fin de semana terá a súa base operativa en Os Campóns, parroquia de  Sigrás. O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, desprazouse até o polideportivo de Sigrás para saudar aos case 25 soldados da Unidade antiincendios do Exercito que pasarán a noite esta noite no municipio. Cinco vehículos pesados e dous lixeiros completan un batallón que ten a súa base operativa en León.

24 de xullo de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.