publicidade hoxe

Cámbiase ao 20 de xullo a data de observación astronómica prevista para o 18 en Lampai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo e o observatorio astronómico da USC acordaron cancelar a observación astronómica prevista para este sábado 18 de xullo en Lampai. A nova data prevista para celebrala é o luns 20 se o ceo está despexado, xa que foi a nubosidade precisamente a que obrigou a cambiar a data. No caso de que o luns tampouco se dean as condicións óptimas quedaría para o sábado 25 de xullo. Dende a organización lamentamos as molestias. A actividade, dentro do programa  TodoCosmos é gratuíta.

A observación farase no mirador da Agrela, no monte de Lampai e para participar non hai que anotarse. Só achegarse á zona ó redor das 22:00 horas. 

O Concello de Teo participa por segundo ano na iniciativa TodoCosmos impulsada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC que pretende mellorar a divulgación astronómica entre a sociedade. O programa conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

 

17 de xullo de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.