publicidade hoxe

Cabo de Cruz será o punto de partida da XXXI edición do remonte conmemorativo da Traslatio Apostólica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLocal Portada
A-
A+
Presentación en Boiro

Presentación en Boiro

Hoxe Sábado 15 de xullo presentouse no Concello de Boiro a XXXI edición do Remonte da Traslatio Apostólica promovido pola Fundación Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla que conmemora o último traxecto do periplo da barca apostólica desde Jaffa até Iria Flavia no s. I.

Ao acto asistiu o Alcalde de Boiro, Juan José Dieste, o presidente da Fundación Javier Sánchez-Agostiño e en representación do Club Náutico de San Vicente como entidade colaboradora, Ignacio Montenegro.

O Alcalde de Boiro Juan José Dieste manifestou aos medios alí presentes que “este evento é xa tradicional na ría de Arousa despois de 30 edicións e é un atractivo máis na súa oferta cultural”, reiterando o apoio do Concello ás actividades da Fundación á que agradeceu o seu esforzo e tesón. O alcalde fixo unha invitación ao compromiso e implicación de todos cantos defenden as terras de Arousa e Ulla; e así manifestou que: “para o éxito destes proxectos debemos camiñar todos xuntos da man”

Pola súa banda o presidente da Fundación Javier Sánchez-Agostiño agradeceu ao Alcalde aceptar unha vez máis a invitación para ser punto de partida desta edición do remonte, manifestando que “Boiro é xa un eixo fundamental nas actividades de promoción cultural e turística da ría de Arousa que impulsa a Fundación ” O presidente deu os detalles da organización do acto que se iniciará ás 16:00 horas nos locais da lonxa, cun acto institucional ofrecido polo Alcalde para despois partir rumbo a Padrón pola ría de Arousa e o río Ulla até Padrón lugar en que se visitará o Pedrón ao que se amarrou a barca apostólica, posteriormente retornarase de novo a Cabo de Cruz onde se espera arribar ás 20.00 horas.

15 de xullo de 2015 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.