Brión inviste 32.000 euros en reordenar a zona de aparcamento
As brigadas municipais de Obras de Brión comezaron esta semán os traballos de reordenación da zona de aparcamento e mellora dos accesos ao colexio de Pedrouzos, ao Instituto de Brión e ao polideportivo municipal brionés. Unhas obras orzamentadas en 31.774 euros e que teñen un prazo máximo de execución de dous meses, “polo que estarán rematadas para o inicio do curso escolar”, apunta o alcalde de Brión, José Luís García.
Os traballos consistirán na instalación dunha rede de recollida de pluviais e sumidoiros na zona, que é o que se está acometendo nestes momentos. Unha vez rematados estes traballos, procederase á construción dunhas beirarrúas con adoquín de formigón e á sinalización da zona, ordenando o espazo para aparcamento de turismos e dos autobuses escolares. José Luís García explica que esta obra “mellorará a seguridade viaria tanto dos usuarios do polideportivo municipal como, especialmente, dos alumnos e alumnas do colexio e do IES Brión”.