publicidade hoxe

Brión acolle a exposición “Manuel María, palabra viva” ata o 26 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O centro social polivalente de Brión acolle ata o próximo 26 de xullo a exposición “Manuel María, palabra viva”, cedida para a ocasión pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos. A mostra percorre a vida e obra de Manuel María en 25 paneis de 75×53 centímetros que inclúen imaxes, textos do propio autor e dunha breve introdución.

Os paneis están estruturados en tres grandes grupos temáticos: o que trata aspectos da biografía do autor, o que informa sobre a súa obra e os temas da mesma e un último grupo que dá conta das homenaxes e recoñecementos que recibiu Manuel María. Unha oportunidade única para coñecer a figura do poeta da Terra Chá antes que ninguén, adiantándose ás celebracións e homenaxes que viviremos dentro dun ano cando sexa a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. 

Poeta, dramaturgo, narrador, ensaísta e académico da Lingua galega, Manuel María finou en 2002 deixando tras de si unha longa xeira creativa, caracterizada polo seu compromiso político coa lingua, cultura e a sociedade galegas. 

14 de xullo de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.