publicidade hoxe

Beatriz Mato asina un convenio co alcalde de Riós para acondicionar o local do centro de atención integral a maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiós
A-
A+
Reunión do alcalde de Riós coa conselleira. Foto: X. Crespo

Reunión do alcalde de Riós coa conselleira. Foto: X. Crespo

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga, asinaron hoxe un convenio de colaboración para acondicionar o edificio multiusos que albergará un centro de atención integral a maiores na localidade.

A responsable autonómica e o rexedor local reuníronse esta mañá en Santiago para ratificar este acordo, que recolle unha achega dun total de 12.000 euros por parte da Consellería, que se destinarán ás obras necesarias para acondicionar o local.

Grazas a este investimento, a localidade poderá contar cun centro de atención integral para os maiores. Nel, os usuarios poderán acceder a actividades relacionadas co envellecemento activo e a promoción da autonomía persoal.

Esta non é a única liña de colaboración aberta co concello de Riós. O departamento autonómico colabora tamén co goberno local noutras actuacións en materia de benestar, a través de iniciativas como o financiamento do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes (as horas asignadas veñen de ser incrementadas en case un 20 por cento, ata as 911 horas); ou como a contratación de dous perceptores da RISGA a través dunha subvención que supera os 12.000 euros.

30 de xullo de 2015 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.