publicidade hoxe

Baltar recibe ao alcalde de Esgos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaEsgosOurense
A-
A+
Baltar na reunión co alcalde de Esgos

Baltar na reunión co alcalde de Esgos

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial co alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, primeiro rexedor local que recibe o presidente do goberno provincial na nova etapa iniciada onte, o cuadrienio político 2015-2019. Baltar e Rodríguez analizaron temas referidos a infrestruturas, cultura, servizos sociais e medio ambiente, ademais de abordar os avances acadados no que atinxe á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial, tema sobre o que se celebrará unha reunión o vindeiro sábado, 18 de xullo, no Mosteiro de San Pedro de Rocas, na que participarán os presidente das deputacións de Ourense e Lugo, Manuel Baltar e Elena Candia; o conselleiro de Cultura e o Valedor do Pobo, para tratar do estado de tramitación da candidatura e onde o Valedor fará entrega ao conselleiro de Cultura dos informes técnicos para o expediente de declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial.

15 de xullo de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.