publicidade hoxe

Axudas para adquisición de material escolar en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño recorda que dende o 15 de xullo ao 14 de agosto, ambos inclusive,  ábrese o prazo de presentación de solicitudes das  axudas para adquisición de libros e material escolar de infantil. Con estas axudas o Concello ten como obxecto promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos, entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares do noso municipio.

7 de xullo de 2015 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.