publicidade hoxe

Aviso de apertura de expediente a 129 propietarios de leiras urbanas en Curtis para que procedan á súa limpeza inmediata

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

O Concello curtiense notificou a 90 propietarios de leiras urbanas de Curtis e a 39 de Teixeiro o inicio de expedientes de execución para a limpeza dos seus solares, nos que o Concello detectou un estado de deficiente mantemento tal e como se recolle nun informe técnico.

O Goberno local, que xa publicou o mes pasado un bando para lembrarlles aos titulares de parcelas de natureza urbana ou próximas a vivendas rurais a súa obrigación de mantelas limpas como unha das accións crave para a prevención de incendios forestais, advertiu agora a estes 129 propietarios que teñen 10 días hábiles para limpar os seus solares ou presentar as oportunas  alegacións. De non facelo así, o Goberno local continuará co expediente de execución.  

Segundo recolle tanto a Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia e a PXOM de Curtis, os titulares de terreos deben de mantelos en condicións de seguridade e salubridade. O incumprimento desta obrigación levará o correspondente procedemento sancionador segundo o disposto pola normativa galega de prevención e defensa contra os incendios forestais e as modificacións derivadas da Lei de Montes. Ademais, os infractores terán que facerse cargo do custo dos traballos que con carácter subsidiario efectúe a administración.

14 de xullo de 2015 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.