publicidade hoxe

Apertura da inscrición para a XXII Xuntanza dos nosos maiores de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia convida a todas as persoas maiores de 60 anos á XXII Xuntanza dos nosos maiores que se organiza na Carballeira de Ribadumia cada ano. A xuntanza de confraternidade será o vindeiro sábado 22 de agosto e o período de inscrición xa está aberto nas oficinas do Concello ata o día 18 de agosto. O obxectivo desta xornada é promover actividades de confraternidade e de convivencia entre os veciños e visitantes máis maiores.

A programación, como xa é tradicional, inclúe unha misa solemne ás 13:00 horas, a comida de confraternidade ás 14:00 horas co menú típico, e para finalizar a xornada unha gran velada de baile a cargo do dúo musical Azabache. Ademais de todo isto, tamén se inclúen xogos populares.

O prezo da comida é de 10 € para os empadroados en Ribadumia e 20€ para os non empadroados. Os interesados xa poden reservar mesa nas oficinas municipais ata o 18 de agosto.

Desde o Concello de Ribadumia xa está traballando na organización e anímase a todos os maiores a participar nesta xornada para poder disfrutar dun día en xuntanza con veciños e amigos. 

21 de xullo de 2015 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.