publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Alcoa gaña no segundo trimestre 127 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O fabricante estadounidense de aluminio Alcoa logrou un beneficio neto atribuído de 140 millóns de dólares (127 millóns de euros) ao peche do segundo trimestre, o que supón unha mellora do 1,4% con respecto ao mesmo período do ano anterior, informou a empresa.

A cifra de negocio de Alcoa, compañía que oficiosamente inaugura a tempada de presentación de resultados en EEUU, con plantas en San Cibrao (en Cervo, Lugo) e A Coruña, alcanzou os 5.897 millóns de dólares (5.361 millóns de euros).

Deste modo, nos seis primeiros meses do ano Alcoa obtivo un beneficio atribuído de 335 millóns de dólares (304 millóns de euros), fronte ás perdas de 40 millóns de dólares (36 millóns de euros) no primeiro semestre de 2014.

Así mesmo, a multinacional informou de que entre xaneiro e xuño as súas vendas aumentaron un 3,8%, ata os 11.716 millóns de dólares (10.650 millóns de euros).

“Continuamos transformando Alcoa, a remodelación da nosa carteira combinada con investimentos intelixentes en mercados en crecemento está a ofrecer fortes resultados”, declarou Klaus Kleinfeld, presidente e conselleiro delegado da compañía.

9 de xullo de 2015 | 11:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.