Agolada abre o prazo para participar no programa de compostaxe doméstica
O Concello de Agolada abre unha lista de 20 prazas e 5 suplentes para aqueles interesados en participar no programa de Compostaxe Doméstica a implantar en Agolada.
O citado programa conleva a obriga de participar nunha charla formativa desenrolada por persoal técnico que explicará o procedemento a aplicar para o bo fin da compostación, así como as melloras ambientais que conleva.
Ao remate da charla as persoas inscritas recibirán un dos composteiros cedidos por SOGAMA para dito Programa.
E necesario para poder participar, ser maior de idade, estar empadroado en Agolada e dispor de horta propia.
So se reservará un composteiro por familia/domicilio. A charla está aberta a todos os interesados e será informado o lugar , data e hora en canto se teña coñecemento da mesma.