publicidade hoxe

Adxudícanse as obras de mellora da travesía de Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

O Ministerio de Fomento mellorará a Travesía de Palas de Rei .Comprende, no núcleo urbán de Palas de Rei, as Avenidas: de Lugo e de Compostela, esto é, dos puntos Kilométricos 33 a 35 da N-547. A obra, conta cun orzamento de 250.000 €uros, consistirá na mellora da pavimentación con aglomerado en quente, mellora da seguridade vial e da sinalización tanto vertical como horizontal. Esta Obra foi adxudicada polo Ministerio de Fomento. A empresa adxudicataria é Leonardo Minguelez. As obras que comenzarán no plazo dun mes, e teñen un plazo de execución de 60 días. Dende o Concello estiman convínte que pase a época estival para o aglomerado en quente de toda a superficie da travesía.

O alcalde Pablo Taboada, amosou a satisfación porque segundo matiza “é unha Obra moi demandada dende fai anos ó Ministerio, dado que é unha zona que rexistra a diario moito tráfico tanto rodado como de persoas ao atravesar o casco urbán de Palas de Rei”. 

A maiores, e dentro do proxecto cofinanciado entre o INEGA e o Concello de Palas de Rei, tamén se reformará e instalará un novo alumeado público ó longo da travesía donde se instalarán lampadas de tipo led, que redundará nun importante aforro de perto de 5.000 Euros na factura da enerxía.

28 de xullo de 2015 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.