publicidade hoxe

Acebe celebra o sorteo ante notario da campaña de verán do comercio de Betanzos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

ACEBE.CCA celebrou a primeira hora desta mañá o sorteo ante notario no que se deron a coñecer os números premiados da campaña CHEGA O VERÁN Ó COMERCIO DE BETANZOS que premiou a fidelidade dos clientes dos comercios e empresas de Betanzos repartindo 1.500 € divididos en oito premios. O notario Óscar López Doval foi o encargado de realizar o sorteo no que resultaron gañadores os seguintes números:

PRIMEIRO PREMIO (500 €)

123848 – ADMINISTRACIÓN DE LOTERÍAS Nº1 O GLOBO

SEGUNDOS PREMIOS (250 €)

107532 – FARMACIA LEIS BUGALLO

067957 – ASESORÍA RÍOS CRESPO Y CARRO

TERCEIROS PREMIOS (100 €)

076618 – TALLERES CAMPAÑÓ

188904 – GADIS

062038 – METAMORFOSE

070850 – JOSE LAGARES FOTOGRAFÍA

116721 – NATURHOUSE

Prazo  para reclamar o premio

Os premios adxudicáronse mediante sorteo ante notario de entre os 200.000 boletos repartidos entre o 16 e o 30 de xuño nos comercios e empresas asociados a ACEBE.CCA. De entre o total de boletos entregados extraéronse os oito números premiados. Entregarase un primeiro premio de 500 €, dous segundos premios de 250 € e cinco terceiros premios de 100 €. O resultado do sorteo ante notario publícase ademais na páxina web da asociación, www.comerciodebetanzos.com e no número de xullo de “Betanzos e a súa comarca”, a publicación mensual de ACEBE CCA.  Os posuidores dos boletos gañadores deberán poñerse en contacto con ACEBE.CCA para poder reclamar o premio tendo como data límite o 28 de xullo de 2015.

Nese periodo de tempo deberán acreditar a posesión do boleto ademais de presentar o boleto en perfectas condicións e lexibles e contactar con ACEBE CCA a través do número de teléfono 981774574 ou presencialmente nas oficinas da asociación (Praza Mestre Xosé Dapena, 1 15300 Betanzos) de luns a venres en horario de 10.00 h a 14.00 h. Os premiados poderán canxear o premio nos establecementos asociados a ACEBE CCA a través de tarxetas regalo que poderán ser  utilizadas para a realización de compras a través de calquera TPV adherido ó sistema VISA

A campaña de verán da ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES E EMPRESARIOS DE BETANZOS – ACEBE CCA conta coa colaboración da XUNTA DE GALICIA, DEPUTACIÓN DA CORUÑA, CONCELLO DE BETANZOS e GADISA.

7 de xullo de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.