publicidade hoxe

Acebe CCA e Abanca impulsan cun convenio o crédito aos comerciantes asociados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto, ACEBE CCA e ABANCA acaban de renovar a súa  colaboración en materia financeira co obxectivo de mellorar o acceso ao crédito dos preto de 200 establecementos integrados en ACEBE CCA.

A presidenta de ACEBE CCA, Antonia Anido, e o director de zona de ABANCA na área metropolitana da Coruña, Jacobo Sánchez Fernández, rubricaron este mediodía na sede de ACEBE CCA o acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co pequeno comercio de Galicia co obxectivo de contribuír ó desenvolvemento do sector comercial de Betanzos, un dos piares estratéxicos que sustenta a economía da cidade e da comarca.

O convenio recolle unha ampla e competitiva oferta de productos entre os que destacan préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións. O texto asinado tamén recolle outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto.

Ademais, e para facilitar a competitividade no mercado dos asociados de ACEBE CCA, os clientes dos negocios accederán ao novo servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, chamado APLAZOS. Deste xeito, permítese simplificar e axilizar o financiamento instantáneo de produtos e servizos.

Os profesionais integrados en ACEBE CCA poderán acceder tamén ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

A entidade tamén porá a disposición dos asociados de ACEBE CCA xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica. Así, dende as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación da Coruña, así como outros convenios do ICO, Igape e SGR.

22 de xullo de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.