publicidade hoxe

A Xunta entrega vehículos á Policía Local de catorce concellos coruñeses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAmesBoiroCariñoCarnotaCeeCorcubiónFisterraMelideMurosOrdesOrosoPorto do SonRiveiraTeo
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Do Campo, fixo entrega esta mañá de catorce vehículos á Policía Local dos concellos coruñeses de Ames, Boiro, Carnota, Cariño, Cee, Corcubión, Fisterra, Melide, Muros, Ordes, Oroso, Porto do Son, Riveira e Teo.

A entrega tivo lugar fíxose na Cidade da Cultura, ao abeiro dunha orde de axudas en réxime de concorrencia competitiva, dotada de máis de un millón de euros, para a adxudicación destes vehículos a concellos de menos de 50.000 habitantes e que conten con corpo de policía local.

Ao longo dos próximos días continuarase coa entregas dos vehículos aos corpos da policía local dos concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense. Deste xeito refórzase a colaboración entre a Xunta e os concellos para a mellora dos servizos de seguridade e de xestión de emerxencias de Galicia.

Grazas a estas actuacións, a Vicepresidencia facilítalles aos concellos beneficiarios unha oportunidade para cambiar vehículos antigos e cun alto custe de mantemento por outros novos, dotados de mellores sistemas de seguridade, activa e pasiva, e cun custo de mantenza menor, contribuíndo a mellorar a prestación dun servizo que resulta fundamental para a cidadanía.

As concesións fixéronse atendendo a criterios como a ratio entre policías e habitantes, maior antigüidade dos vehículos recibidos nos últimos dez anos desde a Xunta ou a mellor cobertura efectiva do cadro de persoal, por citar algúns exemplos.

22 de xullo de 2015 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.