publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta completa a entrega de vehículos á Policía Local aos concellos pontevedreses

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda completou hoxe a entrega de vehículos aos concellos da provincia de Pontevedra ca entrega de 5 vehículos máis a varios concellos da área de Vigo. O acto que tivo lugar na Delegación da Xunta en Vigo reflicte un novo exemplo de colaboración entre Xunta e municipios para ofrecer o mellor aos cidadáns, neste caso no ámbito da seguridade das emerxencias, e así os concellos de Moaña, Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño e Soutomaior contaran a partir de hoxe dun novo vehículo destinado ás emerxencias.

Rueda destacou a importancia da frutífera relación e das vantaxes da cooperación entre Administración en prol dos concellos e da súa cidadanía, e que neste caso se traduce nunha importante dotación por parte da Xunta, que permite mellorar os medios técnicos e de mobilidade destes corpos locais e polo tanto prestar un mellor e máis rápido servizo á cidadanía.

Segundo manifestou o número dous do goberno galego, tratase dun novo exemplo de colaboración entre o Goberno autonómico e os concellos para ofrecer o mellor aos cidadáns, neste caso no ámbito da seguridade e das emerxencias. Así, esta importante dotación permitirá mellorar os medios técnicos e de mobilidade destes corpos locais e polo tanto prestar un mellor e máis rápido servizo á cidadanía.

Esta Orde axudas en concorrencia competitiva está dotada con máis de un millón de euros e vailles permitir contar aos concellos galegos contar con case 50 coches e máis de 25 motocicletas para as súas Policías Locais. Está previsto que durante a vindeira semana se complete a entrega deste tipo de vehículos nas provincias de Lugo e Ourense.

24 de xullo de 2015 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.