publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta comeza a entrega de vehículos á Policía Local de concellos pontevedreses

Entrega de vehículos

Entrega de vehículos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta tarde de dez vehículos á Policía Local dos concellos pontevedreses de Bueu, Caldas de Reis, Cambados, A Estrada, Mondariz, As Neves, Poio, Tomiño, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa.

O acto tivo lugar na delegación da Xunta en Pontevedra, e contou coa presenza do delegado territorial na provincia, José Manuel Cores Tourís. As entregas destes vehículos, que comezaron o pasado martes na provincia da Coruña, estanse a realizar ao abeiro dunha orde de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dotada de máis de un millón de euros.

Ata o momento, xa se levan entregado trinta e tres vehículos aos corpos da policía local de distintos concellos coruñeses e pontevedreses, e mañá está previsto que finalice a entrega dos coches á policía local de distintos concellos da provincia de Pontevedra. Deste xeito refórzase colaboración entre a Xunta e os concellos para a mellora dos servizos de seguridade e de xestión de emerxencias de Galicia.

No acto de entrega, Rueda destacou a importancia desta dotación por parte da Xunta, que permite mellorar os medios técnicos e a mobilidade destes corpos locais, e polo tanto prestar un servizo mellor e máis rápido á cidadanía.

Esta é unha actuación máis que se suma as colaboracións coas Administracións que, dende a Xunta, realízanse anualmente en materia de seguridade e emerxencias, como é o caso da cooperación cos voluntarios da Protección Civil, a formación na Academia Galega de Seguridade Pública, cos Grupos de Emerxencia Supramunicipais ou cos parques de bombeiros comarcais.

23 de xullo de 2015 | 21:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.