publicidade hoxe

A XII edición do Rallye Sur do Condado celebrarase este sábado 11 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSalvaterra de Miño
A-
A+
Presentación da proba deportiva

Presentación da proba deportiva

A Escudería Surco e o Concello de Salvaterra de Miño veñen de presentar a XII edición do Rallye Sur do Condado que se celebrará o próximo sábado 11 de xullo e que leva 10 anos saíndo dende o municipio. Este ano esta proba deportiva, referente a nivel galego, conta  con 124 participantes, destes 23 pertencen a Escudería Surco  e 13 son deportistas locais. Salvaterra de Miño é un Concello que conta con moitos adeptos a este deporte, a parte dos propios pilotos e copilotos que participan nesta proba.

O Rallye consta dun total de 113 km cronometrados, que discorren polos concellos de Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Ponteareas, Arbo e A Cañiza.

Esta proba deportiva leva seis anos estando entre as mellores, dentro do coeficiente 8, reflexo do traballo da  Escudería e todos os voluntari@s que ese día se desprazan aos treitos para lograr que todo saia ben. 

Tanto dende a propia organización como dende o Concello animan a todas aquelas persoas que se desprazan para disfrutar da proba que sigan as instrucións, sobre todo en temas de seguridade, de todos os comisarios que se encontran repartidos polos diferentes puntos dos treitos, co fin do mellor desenvolvemento da proba. 

O venres abrirase a partir das 16.30h as verificacións dos participantes e a continuación desplazaranse ao parque pechado no Parque da Canuda. A partir das 19.45 no mesmo lugar procederase a firma de autógrafo por parte dos principais pilotos da proba.

O sábado ás 8.00h dará lugar a saída, despois os coches desplazaranse ao parque de asistencia e despois empezarase o primeiro treito que é o tramo Electricidad Condado – Ponteareas. 

Tense previsto que a entrega de coroas de loureiro aos tres primeiros clasificados se entreguen a partir das 22.15 da noite no parque Público A Canuda.

9 de xullo de 2015 | 13:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.