publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A superficie queimada polo incendio de Palmés ascende a 230 hectáreas

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09:00 horas de hoxe.

Estabilizado Ourense

Estabilizado desde as 04:00 horas desta madrugada o incendio rexistrado no concello de Ourense, parroquia de Palmés, tras comezar o pasado martes ás 16:03 horas. Segundo novas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 230 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 17 axentes forestais, 44 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 12 helicópteros e 11 avións. Tamén colaboraron membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Controlado Pereiro de Aguiar

Está controlado dende ás 01:13 horas de onte o lume no concello ourensán do Pereiro de Aguiar, parroquia de Sabadelle, que comezou o martes ás 19:50 horas. Segundo estimacións provisionais a superficie afectada é de 21 hectáreas, das cales 18 son de monte raso e o resto de arborado. Na extinción levan traballado 6 axentes forestais, 13 brigadas, 11 motobombas, 2 helicópteros e 3 avións.

Extinguido Vilardevós

Extinguido ás 00:11 horas desta madrugada o lume rexistrado no concello de Vilardevós, parroquia de Arzádegos, tras comezar ás 18:07 horas do martes. Segundo últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 102,45 hectáreas, das cales 87,83 son de superficie rasa e o resto de superficie agrícola. Nos labores de extinción participaron 1 técnico, 6 axentes forestais, 18 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.

Extinguido Cualedro

Extinguido ás 00:57 horas desta madrugada o incendio forestal rexistrado con concello de Cualedro, parroquia de Lucenza, tras comezar onte ás 16:39 horas. Segundo últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 21,6 hectáreas, das cales 0,2 son arboradas e o resto rasas. Nas tarefas de extinción traballaron 3 axentes forestais, 8 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 5 avións.

Extinguido Folgoso do Courel

Extinguido ás 21:55 horas de onte o incendio iniciado o pasado sábado ás 19:18 horas no concello lugués de Folgoso do Courel, parroquia homónima. Segundo últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 195,33 hectáreas en terreos de Rede Natura, das cales 8 son arboradas e 187,33 de monte raso. Nas tarefas de extinción participaron 3 técnicos, 22 axentes forestais, 53 brigadas, 29 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 3 avións.

Extinguido Navia de Suarna

Extinguido ás 20:50 horas de onte o incendio rexistrado no municipio lugués de Navia de Suarna, parroquia de Ribeira. Este lume iniciouse o sábado ás 17:27 horas e, segundo últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 410 hectáreas en terreos de Rede Natura, das cales 310 son arboradas e o resto rasas. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 17 axentes forestais, 57 brigadas, 28 motobombas, 1 pa, 10 helicópteros e 6 avións. Tamén colaboraron membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

30 de xullo de 2015 | 10:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.