publicidade hoxe

A Secretaría Xeral para o Deporte concede axudas por valor de 220.000 euros a 155 deportistas galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

A Fundación Deporte Galego acaba de resolver a segunda fase das axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, baixo a denominación de Axudas Destino Río – Axudas DGAN. Esta convocatoria enmárcase no habitual Plan de axudas á preparación de deportistas galegos/as de alto nivel, e á vez ten en conta que 2014 e 2015 son anos previos aos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Río 2016. Por esta singularidade e co fin de optimizar as axudas de xeito que sexan o máis operativas e beneficiosas para os/as deportistas destinatarios/as, este ano estableceuse unha convocatoria en dúas fases, sendo a primeira a que se resolveu no pasado decembro e a segunda esta que se resolve agora. Das 155 axudas concedidas, 35 correspóndese a axudas Destino Río 2016, dotadas cada unha delas con 3.000 euros.

30 de xullo de 2015 | 12:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.