publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Rúa Monolito muda a súa imaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+
Novo aspecto da rúa

Novo aspecto da rúa

Finalizadas  as obras da Rúa Monolito, que divide os concellos de Curtis e Vilasantar, actuación que permitiu, ademais de transformar a estética desta rúa, dotala de servizos básicos e mellorar a seguridade viaria de peóns e vehículos.

 O alcalde Javier Caínzos lembrou a importancia desta execución xa que a Rúa Monolito é un dos viarios máis transitados ao dar servizo a catro concellos, Curtis, Vilasantar, Oza-Cesuras e Mesía, ademais de ser enlace coa cooperativa Coba de Vales. O rexedor agradeceu a colaboración dos veciños que facilitaron os terreos para a actuación ademais de realizar os labores de poda e talla das árbores que molestaban na zona.

A execución, cun orzamento de 157.000 euros que custeou a Deputación, enmárcase no Plan de Mellora da Rede Viaria municipal no que se investiron preto dun millón de euros en actuacións en todas as parroquias.

31 de xullo de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.