publicidade hoxe

A Policía Autonómica pon a disposición xudicial ao autor dun incendio forestal na Pobra do Caramiñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica con base en Santiago, veñen de informar da posta a disposición xudicial do presunto autor dun delito de incendio forestal no concello coruñés da Pobra do Caramiñal. A imputación levouse a cabo grazas á colaboración existente entre os axentes autonómicos, as Brigadas de Investigación sobre Incendios Forestais (BIIF), cuxo persoal depende da Consellería do Medio Rural e do Mar e a Policía Local da Pobra do Caramiñal.

O lume, afectou a unha superficie de 1.200 metros cadrados de superficie rasa. O imputado que recoñeceu a súa autoría, prendeu lume cun chisqueiro en dous focos distantes. É de destacar que as lapas non se propagaron máis, grazas á rápida intervención dos servizos de extinción de incendios da Xunta.

Por estes feitos tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Garda de Ribeira e o detido quedou a disposición da Autoridade Xudicial. Na campaña deste ano, a Policia Autonómica leva detidas ou imputadas un total de 23 persoas por delitos de incendios forestais.

8 de xullo de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.