publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A obra gráfica de Juan Uslé dialoga coa poesía de Enrique Juncosa en ‘Estepas’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

‘Estepas’ é o título baixo o que se presenta o novo proxecto da galería Lab_In, unha exposición dedicada a Juan Uslé (1954) na que a obra gráfica do artista santanderino dialoga coa poesía do escritor e crítico de arte Enrique Juncosa (1961) a través de seis estampas dixitais e outros tantos poemas.

A súa creatividade conforma unha proposta híbrida que foi inaugurada esta tarde nun acto no que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o intercambio de experiencias entre dúas voces, a de Juan Uslé e a de Enrique Juncosa, que ocupan un lugar destacado no panorama artístico actual.

Simbiose entre imaxe e poesía

Na súa intervención, tamén recordou que, en xullo de 2014, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) inauguraba ‘Luz escura’, unha mostra monográfica de Juan Uslé con 50 das súas pinturas negras pertencentes á serie ‘Soñé que revelabas’. “Un ano despois, aquí en Vigo –dixo– atopámonos coa sorte de poder achegarnos a este novo proxecto creativo do artista, baseado na simbiose entre a imaxe e a poesía, entre a palabra e a ilustración”.

Nas seis pezas que presenta a exposición, Juan Uslé, artista convidado da próxima edición de Estampa (Feira de Arte Contemporánea) a construción e o lirismo combínanse para crear espazos singulares asociados aos seis poemas de Enrique Juncosa a través da mancha, a cor e mais o trazo. A abstracción lírica propia de Uslé volve estar presente na creación destas estampas, mediante as que impulsa a subxectividade e o simbólico con recursos como franxas horizontais ou círculos que se superpoñen ou transparentan a partir de xogos coa cor.

A exposición ‘Estepas’ poderá visitar na galería Lab_in ata o vindeiro 28 de setembro.

7 de xullo de 2015 | 20:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.