publicidade hoxe

A Mostra da Olería incluirá tren turístico e visitas guiadas á Croa do Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+

Este ano a Mostra da Olería ten un novo escenario: a Croa do Castro. O xacemento da parroquia de Cerqueda únese mañá sábado á festa anual de exaltación da nosa artesanía cun programa propio de actividades que inclúe rutas en tren turístico e visitas guiadas. O tren sairá de Malpica (Bar Panchito) ás 11.00, 12.30, 18.00 e 19.30 horas e de Buño ás 12.00 e 13.30. As viaxes das 11.00 e 18.00 horas incluirán visitas guiadas. Pero non serán as únicas. Dentro do programa “Croa Aberta” tamén se levarán a cabo percorridos guiados ás 11.45, 12.45, 18.45 e 19.45 horas.

31 de xullo de 2015 | 10:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.