publicidade hoxe

A Lama reasigna ás mesas de Xesta e Gaxate os votantes de Campelo e Verducido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Lama
A-
A+

O alcalde da Lama, Jorge Canda, mantivo unha reunión cos veciños de Verducido para explicarlles que, ante a falta de poboación, tívose que reformular a repartición de colexios electorais no municipio o que provocou que a partir de agora os veciños de Campelo teñan que votar na mesa electoral da parroquia de Xesta e os de Verducido deberán desprazarse a Gaxate ao non contar co mínimo de habitantes con dereito a voto precisos para a súa continuidade.

Jorge Canda explicou aos veciños de Verducido que a normativa electoral esixía un mínimo de persoas censadas con dereito a voto para poder manter aberto este colexio electoral pero ante a imposibilidade de cubrir esta circunstancia, a pesar de que xa con anterioridade sumouse aos veciños de Campelo para reforzar esta mesa, ao final non quedou máis remedio que agrupar o corpo electoral no máis próximo, como é Gaxate no caso de Verducido e Xesta para o de Campelo.

Canda Martínez insistiu na necesidade de que todos os residentes no municipio estean censados para poder optar a un maior coubo nas achegas do Estado aos concellos á vez que tamén ao diminuír o número de veciños nos pobos pérdense posibilidades como a de contar cunha mesa electoral para calquera proceso de votación que se desenvolva no noso país.

“Ás veces, algúns veciños empadróanse en grandes cidades por cuestións relacionadas coa atención médica especializada ou por razón de escolarización dos seus fillos nos lugares onde traballan e isto prexudica o censo de habitantes do noso municipio impedindo contar cos recursos ou os servizos que en realidade deberiamos dispor”, sinalou Jorge Canda quen lembrou aos residentes na Lama a necesidade de empadroarse. 

8 de xullo de 2015 | 20:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.