publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A D.O. Ribeiro recibe un concurrido tren turístico dentro do programa “Galicia a todo tren”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadavia
A-
A+
Túnel do viño

Túnel do viño

O pasado domingo, 26 de xullo, un novo tren turístico, promovido por Renfe, Inorde e Turgalicia parou en Ribadavia, para coñecer o seu Casco Histórico, o Mosteiro de San Clodio, (hoxe hotel monumento da Cadea Eurostars), e o milenario Castro de San Ciprián de Las.

O grupo do tren turístico, acompañado de una Guía oficial, gozou de un túnel de viños ofrecido polo Consello Regulador da D.O. Ribeiro no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia, e contou coa visita de Dona Nava Castro, Secretaria Xeral de Turismo de Galicia, quen veu a coñecer de primeira mao o servizo ofrecido, premiado en Fitur 2015 como mellor produto de turismo activo nacional na modalidade de Cultura Nacional 2014

Con este percorrido os visitantes, achegados de todas as partes de Galicia, península e internacionais, volverán a Ourense con una boa idea dos viñedos mais populares, e antigos de Galicia.

Este e o segundo ano que se ven facendo esta actividade, que dura os meses de Xuño a Setembro. Este orixinal servizo turístico vaise consolidando con crecente número de persoas interesadas en una xornada singular para pasar un dia familiar descubrindo os aromas e singularidades dos múltiples recantos turísticos que temos en Galicia. 

27 de xullo de 2015 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.