publicidade hoxe

A D.O. Ribeiro fusiónase con seis bandas de rock no náutico de San Vicente do Mar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioO Grove
A-
A+

Esta peculiar fusión de culturas e emocións sucederá o próximo 18 de xullo na II edición do Festival Ribeiro Son de Viño, dará comezo as 13.00 horas e finalizará de madrugada e terá lugar no Náutico de San Vicente do Mar (O Grove). Durante todo o tempo que dure este encontro único entre música e viño, os asistentes serán os verdadeiros protagonistas, xogando a harmonizar os viños con cada un dos concertos do día.

Ademais das adegas participantes con barra, a diversidade en canto a viños do Ribeiro está garantida cunha barra na que se poderán degustar máis referencias da zona como: A Telleira, Canción de Elisa, Carlos Villanueva, Cuñas Davia, Cuqueira, Gran Alanís, Manuel Rojo, Máis de Cunqueiro, Ramón do Casar Treixadura, Terra do Castelo Sensación, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto, Viña Farnadas e Viña Mein.

O xogo estará en fusionar viño e música durante toda a xornada, que tamén contará, como novidade, coa realización dunha charla interxeracional entre músicos e adegueiros. Nesta conversa, aberta ao público, debaterase sobre a situación da cultura do viño entre os máis novos, coñeceremos as reflexións de músicos e adegueiros e buscarase a participación activa de todos os asistentes, a través dunha cata dirixida dalgúns dos viños protagonistas.

Unha fusión única nun entorno de excepción, todo isto é o Ribeiro Son de Viño.

14 de xullo de 2015 | 15:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.