publicidade hoxe

A D.O. Ribeiro agota viños e entradas no festival máis orixinal do verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O pasado sábado, 18 de xullo celebrouse no Náutico de San Vicente do Mar un dos eventos máis curiosos deste verán, no que se popoñía a fusión de concertos de música en directo de Ken Stringfellow (The Posies, REM, Big Star), Ataque Escampe, Terbutalina, Os Amigos dos Músicos, Alex Casanova e Blues do País co consumo de Ribeiro. Esta orixinal proposta resoltou un absoluto éxito de asistencia, como demostrou o aforo completo do local dende as primeiras horas do día ata ben entrada a madrugada.

Esta peculiar harmonía entre culturas e emocións demostrou ser o revulsivo preciso para que mozos e non tan mozos, puideran descubrir que un Ribeiro combina ben con toda clase de propostas, mesmo as máis arriscadas. As bodegas que harmonizaron os seus viños ao longo do festival foron Viña Costeira, Pazo Casanova, Gran Gandarela, Finca Viñoa, Casal de Armán e Alberte. Ademáis, os asistentes tamén tiveron a oportunidade de catar outras referencias grazas á RibeiroBarra onde se degustaron: A Telleira, Canción de Elisa, Carlos Villanueva, Cuñas Davia, Cuqueira, Gran Alanís, Manuel Rojo, Máis de Cunqueiro, Ramón do Casar Treixadura, Terra do Castelo Sensación, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto, Viña Farnadas e Viña Mein.

Catas de viños da D.O. Ribeiro e concertos se sucederon ao longo de toda a xornada, que contou, como novidade, coa realización dunha charla entre músicos e adegueiros. Por primeira vez representantes destes dous mundos sentaron xuntos para conversar abertamente sobre a situación da cultura do viño entre os máis novos, buscándose a participación activa de todos os asistentes, que puideron colaborar na charla a través dunha cata de viños a cegas.

A II edición do Ribeiro Son de Viño supuxo todo un éxito tanto pola asistencia como pola participación activa dos participantes, pero principalmente por demostrar, de maneira festiva e rotunda, que os bos viños do Ribeiro son perfectos para gozar en calquera momento e con todo tipo de música. Brindemos por eso unha vez máis.

Coñece máis sobre as bodegas que agotaron existencias participando con barra no II Festival Ribeiro Son de Viño:

CASAL DE ARMÁN (Ribadavia, Ourense)

Casal de Armán  é un proxecto que nace a finais dos anos 90, pero que pertence á cuarta xeración dun grupo familiar que ven elaborando viños no Ribeiro dende finais do século XIX. Ilusión, traballo e paixón polo mundo do viño son os alicerces sobre os que se asenta o proxecto Casal de Armán.

GRAN GANDARELA (Toén, Ourense)

Situada nas ladeiras da marxe esquerda do río Miño, foi fundada fai 17 anos, Gandarela nace despois dunha longa traxectoria familiar, onde a elaboración do viño mantén as formas tradicionais do ‘bo facer’ pasando de pais a fillos, chegando aos nosos días, grazas a un bo traballo en equipo, inmerso neste apaixonante proxecto.

ALBERTE (Arnoia, Ourense)

Coas mellores materias primas, unha vinificación tradicional e a aplicación dos últimos avances tecnolóxicos cos que están dotadas as nosas instalacións, Bodegas Nairoa elabora dende 1999 viños de alta expresión, persoais, complexos e harmónicos.

VIÑA COSTEIRA

Viña Costeira (Ribadavia, Ourense)

A adega foi fundada en 1968. Dous anos despois do seu nacemento lanzou ao mercado a marca Pazo, o primeiro ribeiro embotellado e etiquetado. Paralelamente impulsouse a recuperación de variedades autóctonas da zona e se investiu na adega para a modernización das técnicas de elaboración.

PAZO CASANOVA (Santa Cruz de Arrabaldo, Ourense)

Sociedade familiar constituída no ano 2000 que elabora viños de alta calidade baseados na riqueza varietal autóctona e nas extraordinarias condicións do chan do Ribeiro. Conta con dez hectáreas de viñedo propio das castes Treixadura, Albariño, Godello y Loureira, orientadas ao sur e o poñente, protexidas polas murallas do Pazo Casanova (s. XVIII).

FINCA VIÑOA (O Carballiño, Ourense)

Finca Viñoa é unha propiedade de dez hectáreas nas que se cultivan treixadura, godello, albariño e loureira, castes que posúen aromas intensos, unha complexa mineralidade e unha acidez exquisita e equilibrada. Vinte e tres terrazas situadas en chan granítico e de xistos precipítanse dende os 325 ata os 150 m de altura, mirando con orgullo cara o privilexiado e historicamente recoñecido Val do Avia. 

20 de xullo de 2015 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.