A Consellería de Benestar estuda equipar o punto de atención á infancia de Baralla
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde de Baralla, Manuel Jesús González, co fin de avaliar diversos asuntos de interese para a localidade, especialmente referidas ao eido social. En concreto, a conselleira comprometeuse a estudar a posibilidade de equipar o Punto de Atención á Infancia (PAI) do municipio, que ofertará un total de 20 prazas para nenos e nenas de 0-3 anos. O departamento autonómico ten investido ata o momento 263.000 euros na creación desta infraestrutura.