publicidade hoxe

A biblioteca de Muxía recibe unha doazón de libros do Semescom

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

Esta mañán o presidente da Seminario de Estudos Comarcais para a defensa do patrimonio da Costa da Morte (SEMESCOM), Xosé María Lema Suárez, xunto con Xan Fernández Carrera, achegáronse ata o Concello de Muxía para facer entrega ao Alcalde, Félix Porto, dun lote de libros para a Biblioteca Municipal.

Os libros foran solicitados pola encargada da Biblioteca ,a técnica de Cultura  Viki Rivadulla, que está organizando unha sección con libros sobre Muxía e a Costa da Morte. Púxose en contacto co Seminario, do que ela mesma forma parte, para solictar as publicacións que levan feito e que son unha aportación valiosísima para que aquelas persoas que  se acheguen á biblioteca , teñan documentación para coñecer a nosa comarca.

Entre os libros doados muitos títulos que investigan e descreben o patrimonio etnográfico e cultural: cabazos, antas, romarías, cruceiros, os Penedos, e mesmo literatura. Tamén algúns libros do propio Lema que non son publicacións do Seminario (outros del sí o son), como o seu primeiro libro “Bamiro,un estudo do habitat rural galego” ou a Onomástica de Berdoias.

Como novidade, entregaron unha primicia que ven de sair do prelo, “Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte II” de Manuel Vilar.

Dende hoxe estes libros poderán disfrutarse na Biblioteca Municipal de Muxía.

14 de xullo de 2015 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.