publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Asociación de Gaiteiros Galegos celebra a XXII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaGuitiriz
A-
A+

Un ano máis a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), a través da comisión de artesáns, achégase ata o Festival de Pardiñas para organizar a que será a “XXII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional”. Abrimos de novo a fiestra da máis antiga e importante mostra de instrumentos de música tradicional da Península Ibérica, para amosar durante a fin de semana o traballo e o bo facer dos 29 artesáns participantes, que nos agasallan en cada un dos seus instrumentos cun traballo meticuloso, preciso e necesario para que a nosa música goce da boa saúde que ten na actualidade.

Un traballo que por unha banda bebe da sabedoría e das inquedanzas dos nosos músicos e por outra, da experiencia, dos estudos e da esixencia dos mestres artesáns que traballan día a día para mellorar as súas técnicas. Unha relación que fai que a artesanía dos nosos instrumentos tradicionais sexa recoñecida e valorada no mundo enteiro.

“XXII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional”

Durante as xornadas do 1 e 2 de Agosto, no marco incomparable do Festival de Pardiñas, os 29 artesáns de instrumentos musicais cos que contará a mostra, abrirannos unha fiestra aos seus obradoiros amosando o seu bo facer.

Pero haberá moito máis, xa que se trata dunha festa na que non poden faltar as actuacións en directo, obradoiros, o baile tradicional e as foliadas.

30 de xullo de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.