publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A alcaldesa de Folgoso do Courel carga contra quen queima o monte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFolgoso do Courel
A-
A+
Europa Press

A alcaldesa de Folgoso do Courel (Lugo), a popular Dolores Castro, cuxo concello sofre un dos incendios forestais máis devastadores deste verán, cargou con dureza “contra quen queima en monte” e advertiu de que a zona queimada na localidade “tardará en volver rexenerarse”. O incendio de Folgoso do Courel iniciouse o pasado sábado ao redor das 19,18 horas e, segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de ao redor de 200 hectáreas.

Nas tarefas de control participaron 2 técnicos, 15 axentes forestais, 32 brigadas, 22 motobombas, dúas pas, sete helicópteros e tres avións.

Castro agradeceu o traballo dos medios e cargou contra quen causa incendios intencionados. “É unha pena o que fai esta xente, fan moito dano e consúmense moitos recursos que poderían usarse noutras áreas como sanidade”, defendeu.

Por outra banda, advertiu de que no “corazón” da “xoia” que é o municipio de Folgoso do Courel quedará “unha mancha negra” nunha zona que “tardará en volver rexenerarse” porque, aínda que o monte calcinado é sobre todo “raso”, o terreo é “moi rochoso”.

“Os danos son moi grandes, é unha pena o que fai esta xente”, aseverou.

27 de xullo de 2015 | 12:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.