publicidade hoxe

Uns cincocentos veciños participaron na XVIII Festa do Maiores de Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Festa dos maiores

Festa dos maiores

Case cincocentas veciños e veciñas participaron na XVIII Festa dos Maiores de Frades, celebrada este sábado na carballeira de San Nicolau (Frades). Un acto que estivo presidido polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez; e polo deputado autonómico Miguel Prado Patiño.

O acto comezou ás 13:00 horas cunha misa, cantada polo grupo folclórico Sarillo (Aiazo) quen tamén se encargou de animar asobremesas sobremesas do xantar. Tras a misa celebrouse o xantar de confraternidade, gratuíto para todos os asistentes e servido polo restaurante Casa Taboada (Touro). Como é habitual, o menú estivo composto por empanada, polbo e carne asada, con torta larpeira e xeado de postre.

Homenaxeados

O Concello de Frades homenaxeou aos veciños maiores de 90 anos participantes na festa: Jesús Carro Mandaio (92 anos. Papucín), Concepción Veiras García (91 anos. Aiazo), Clodomiro Cabanas Naveiro (91 anos, Aiazo), Enrique Mejide Lagares (94 anos. Papucín), Dolores Dono Suárez (91 anos. Papucín), Dosinda Fernández Lavandeira (90 anos. Galegos), Visitación Bello Couceiro (93 anos. Ledoira), Isolina Souto Ares (90 anos. Papucín), María Espiñeira García (94 anos. Aiazo), Carmen Rilo Mosquera (90 anos. Aiazo). Rosalía García Corral (90 anos. Moar), Manuel Moar Méndez (92 anos, Abellá), Ramiro López Cotón (98 anos. Aiazo), Edelmiro Souto Iglesias (92 anos. Gafoi) e Rafael Suárez Lavandeira (91 anos. Abellá). 

O alcalde de Frades foi o encargado de entregar todos os galardóns, así como un agasallo especial para Antonio Regueira, párroco das parroquias de Abellá, Papucín, Mesos, Aiazo e Frades. O agasallo foi un libro de fotografías coas imaxes da homenaxe que lle renderon os veciños e veciñas de Frades en decembro de 2014 co gallo dos cincuenta anos de sacerdocio de Antonio Regueira. 

O dúo Eva e Camilo foron os encargados de poñer a nota musical e non foron poucos os que se animaron a botar unha bailas, maiores de noventa anos incluídos. Os que non se animaron a bailar participaron en distintos xogos populares instalados a carón da carpa, da empresa Garabato de Xogos. Especialmente seguidos foron os crebacabezas e a rá. 

1 de xuño de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.