publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Uns 500 gandeiros maniféstanse en Curtis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Europa Press
Manifestación de gandeiros en Curtis

Manifestación de gandeiros en Curtis

Numerosos gandeiros -uns 500 segundo os organizadores- manifestáronse este domingo pola mañá en Teixeiro, no municipio coruñés de Curtis, en solidariedade coas granxas nas que Leite Río deixou de recoller leite. En concreto, fixérono na Praza de España, ás 12,00 horas, diante do Concello. Os asistentes concentráronse baixo o lema ‘Prezos xustos para os nosos produtos, garantía de recollida,” segundo precisaron gandeiros de Teixeiro nun comunicado.

Segundo explicaron fontes organizadoras, esta concentración foi un “acto polos compañeiros”. E é que, segundo precisaron, un total de dúas explotacións lácteas en Teixeiro víronse afectadas ao deixar de recollerlles o leite a industria Leche Río.

“¿ De que nos valen (os contratos) se non se cumpren?”, preguntáronse estas mesmas fontes, que consideran que “manda máis” Jesús Lence, propietario da industria Leche Río, que a Consellería de Medio Rural.

Así, os gandeiros galegos pretenden chamar a atención da sociedade galega ante un problema no que se”están a xogar” a “supervivencia” do “principal sector agrario galego”. “Esta semana tocoulle a eles, mañá pódenos tocar a nós”, precisaron nun comunicado gandeiros de Curtis.

“Non podemos seguir producindo nas actuais condicións, cuns prezos que nos están a levar á ruína e coas industrias facendo de nós o que queren, mentres a Consellería de Medio Rural e o Ministerio de Agricultura miran para outro lado,”, resolveron.

A concentración, na que participaron gandeiros e veciños do Concello de Curtis e de toda a bisbarra, foi arroupada por representantes do Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias, concelleiros de Curtis e alcaldes de toda a bisbarra, como o rexedor de Santiso, o nacionalista Manuel Adán; o de Toques, o nacionalista José Ángel Penas; o de Boimorto, o nacionalista Xosé Luis Rivas Cruz; e o de Sobrado, o socialista Lisardo Santos.

Á devandita concentración, tamén acudiron deputados de AGE e do BNG. Así mesmo, tamén acudiu a eurodeputada de AGE Lidia Senra.

28 de xuño de 2015 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.