publicidade hoxe

Uns 250 nenos participan en Touro no Torneo Intermunicipal de Fútbol sala

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTouro
A-
A+

Ao redor de 250 nenos de entre seis e 15 anos participarán durante este próximo fin de semana no Torneo Intermunicipal de Fútbol sala nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete que se celebrará en Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. Tras a fase eliminatoria cítanse no Torneo equipos de fútbol sala que representarán aos concellos de Touro, Arzúa, Órdes, Melide, Curtis e O Pino. Touro, como concello organizador, pon a disposición da organización os medios humanos e materiais para a celebración da cita deportiva. O Torneo Intermunicipal de Fútbol sala disputarase no Pavillón Municipal de Deportes, situado en Fonte Díaz. Os partidos celebraranse ao longo de mañá sábado e do domingo, día 7 de xuño.

Touro tamén acolleu o pasado fin de semana a XVIII Edición do Torneo Intermunicipal de Fútbol sala Senior, onde participaron os campións das ligas municipais de Touro, Vedra, Santa Comba, Outes, Negreira, Tordoia, Trazo, Frades, Teo e Órdes. Resultou campión o equipo de Santa Comba, tras vencer a Negreira na final por un 6-4. Entregou os trofeos aos equipos finalistas o alcalde da localidade, Ignacio Codesido, e a concelleira de Deportes, Adela Iglesias. Tamén estivo presente o adestrador Fernando Vázquez.

5 de xuño de 2015 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.