publicidade hoxe

Uns 230 veciños de Brión participaron na excursión da terceira idade a Mondoñedo, Ribadeo e Asturias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Xantar dos participantes

Xantar dos participantes

Un total de 230 veciños e veciñas maiores de sesenta anos ou pensionistas maiores de 55 anos participou na tradicional excursión da terceira idade que cada ano organiza o Concello de Brión. Unha viaxe que este ano tivo como destino a Mariña lucense e Asturias.

Os autocares saíron de Brión a primeira hora da mañá, recollendo aos participantes polas distintas parroquias, e desprazáronse ata Mondoñedo, onde almorzaron e visitaron a vila. A seguinte parada foi a localidade asturiana de Navia, que visitaron e onde celebraron un xantar-baile no restaurante Blanco. O tempo acompañou durante toda a xornada, polo que pola tarde a expedición fixo unha visita a Ribadeo antes de emprender a volta a Brión.

3 de xuño de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.