publicidade hoxe

Unha unidade móbil da ITV desprázase a Ribadumia para facilitar as inspeccións técnicas de vehículos agrícolas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia pretende recordar ós seus veciños que dentro da campaña que se está levando a cabo na provincia de Pontevedra, unha unidade móbil de ITV desprazarase mañá ata o noso Concello para facilitar as inspección técnica de vehículos agrícolas.

Os vehículos agrícolas poderán facer a súa revisión diante da Casa de Cultura de Ribadumia entre o 26 de xuño e o 1 de xullo en horario de 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18 horas  (agás o 1 de xullo que será solo pola mañá). O teléfono de cita previa é o 902309000.

As persoas interesadas deberán presentarse cos seus vehículos no lugar citado levando a tarxeta de inspección e permiso de circulación dos mesmos.

O pasado xoves 18 de xuño a unidade da ITV xa se desprazou ata o Auditorio Municipal de Ribadumia para facer a inspección de vehículos de dúas rodas e a afluencia foi boa. Esta campaña estase a levar a cabo dentro da provincia co obxectivo de facilitar a inspección ós veciños e non se teñan que desprazar fora do Concello. 

25 de xuño de 2015 | 13:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.