publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller falece en Dumbría tras sufrir un accidente de coche

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDumbríaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller faleceu este luns ao sairse da vía co vehículo en que viaxaba no asento de copiloto. O accidente tivo lugar ás 14,00 horas na estrada que une Cee e Fisterra, á altura do concello de Dumbría, no lugar coñecido como Alto do Bustelo. A Central de Coordinación ás Emerxencias solicitou a intervención dos Bombeiros de Cee, xa que o particular que avisou informou de que unha muller estaba atrapada. Tamén foi mobilizado o persoal sanitario, que confirmou a morte da muller no lugar do sinistro.

Segundo recolle o parte do 112, tamén foi requirida a presenza de efectivos de Protección Civil de Dumbría e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

COLISIÓN

Por outro lado, produciuse unha colisión dun turismo e unha moto na que o motorista resultou ferido de gravidade, segundo informou o 061 o 112. O sinistro produciuse en Vigo, pasados uns minutos das 12,30 horas. Neste caso foron informados a Policía Local e Protección Civil de Vigo.

15 de xuño de 2015 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.