publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un veciño de Muros atropela a un peón por desavinzas e dáse á fuga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMurosPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil da Agrupación de Tráfico pertencentes ao Grupo de Investigación e Análise de Tráfico, apoiados por efectivos do Equipo de Atestados do Destacamento de Tráfico de Corcubión, detiveron a un veciño de Muros de 33 anos como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa tras atropelar a un peón, co que tiña desavinzas, e darse á fuga.

Segundo informou a Garda Civil, os feitos que se lle imputan ocorreron no mes de febreiro nunha parroquia de Outes, cando o individuo, detido o luns, atropelou co seu vehículo a un peón que circulaba pola rúa e deuse á fuga sen auxiliar ao ferido.

A vítima quedou tendida na calzada ata que foi achado por uns veciños do lugar que avisaron aos servizos de urxencias. Despois de ser trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), tivo que permanecer varias semanas ingresado no hospital debido ás graves feridas que sufriu.

Aínda que nun primeiro momento as evidencias apuntaban a un accidente de circulación, os axentes, tras unha “ardua investigación”, segundo destaca o Instituto Armado, “demostraron que se trataba dun intento de homicidio, debido a certas desavinzas persoais que había entre eles”.

Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución de Muros.

12 de xuño de 2015 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.