publicidade hoxe

Un total de 16 veciños de Frades inician un curso de 27 horas para obter o carné de aplicador de produtos fitosanitarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Curso de fitosanitarios en Frades

Curso de fitosanitarios en Frades

Dezaseis veciños e veciñas de Frades iniciaron esta semana un Curso de Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios, de 27 horas de duración, que lles permitirá acadar o carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios, nivel básico. O curso será impartido durante os próximos días por técnicos da Consellería do Medio Rural e do Mar no multiúsos de Frades en horario de tarde.

No curso participan gandeiros e agricultores profesionais do municipio, xa que o único requisito previo era estar inscrito no Rexistro Oficial de Produtores e Operadores (ROPO). O curso que se imparte en Frades é o de nivel básico, é dicir, dirixido persoal auxiliar de tratamentos terrestres e aéreos, incluíndo os non agrícolas, e os agricultores que os fan na propia explotación sen empregar persoal auxiliar e utilizando produtos fitosanitarios que non sexan ni xeren gases tóxicos. Aprenderán aspectos normativos, preventivos e de saúde dos produtos fitosanitarios, como manexar as pragas dun xeito integral e como aplicar os produtos fitosanitarios. Ademais, este carné profesional será obrigatorio a partir do 26 de novembro de 2015 para os usuarios profesionais e vendedores de produtos fitosanitarios.

Este curso está organizado polo Concello de Frades en colaboración coa Consellería do Medio Rural, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o Feader.

24 de xuño de 2015 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.