publicidade hoxe

Un total de 15 veciñas logran o certificado profesional en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Entrega de certificados

Entrega de certificados

Quince alumnas (13 veciñas de Frades, unha de Oroso e outra de Mesía) conseguiron cadanseu certificado profesional despois de superar un curso de 468 horas de duración de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. O alcalde de Frades, Roberto Rey, entregoulles esta mañá os certificados a oito destas quince alumnas, xa que o resto non puido asistir por ter atopado un traballo tanto neste sector como noutros.

Este curso foi subvencionado nun 100% pola Consellería de Traballo e Benestar, se ben o Concello de Frades tivo que adiantar os 37.115 euros que custou. As clases teóricas tiveron lugar no multiúsos de Frades e despois as alumnas realizaron prácticas en centros de día e de dependentes da contorna.

22 de xuño de 2015 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.