publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un incendio producido por un raio calcina un alpendre en Melón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelónPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un alpendre que almacenaba palla no seu interior e un depósito de gasóleo arderon por completo tras producirse un incendio por mor da caída dun raio no termo municipal de Melón (Ourense). Segundo informou o CAE 112 Galicia, tivo constancia do suceso ocorrido no lugar de Quins, en Vivenzo, pola chamada dun particular que pedía axuda pasados uns minutos das 19,30 horas do luns.

O alertante indicou que caera un raio e ardía unha casa na que residen dúas persoas de avanzada idade, que podían necesitar asistencia sanitaria.

Por iso, ademais de alertar aos servizos de extinción, o 112 Galicia informou a Urxencias Sanitarias, que constatou que, aínda que non era necesario o traslado a un centro sanitario, atenderon no lugar a unha das persoas.

Minutos antes da medianoite deste martes os efectivos do GES de Ribadavia confirmaron que o alpendre, situado á beira dunha casa cuxa cuberta tamén resultou afectada, o que dificultou os traballos de extinción, ardeu por completo sen afectar a outras vivendas que había ao redor.

Ademais dos servizos sanitarios, do GES de Ribadavia e da Garda Civil, o GES de Avión e persoal de Protección Civil de Carballeda de Avia, de Beade e de Ourense formaron parte do dispositivo posto en marcha polo CAE 112 Galicia. Tamén foi informado o Concello e o servizo provincial de incendios forestais.

9 de xuño de 2015 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.