publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un incendio activo en Teo arrasa 12 hectáreas mentres os bombeiros sufocan outro lume en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaSucesosTeo
A-
A+
Europa Press

Un incendio forestal declarado en Teo (A Coruña), na parroquia de Calo, arrasou xa unhas 12 hectáreas, segundo os datos que trasladan fontes da Consellería de Medio Rural. Pola súa banda, bombeiros de Santiago desprazáronse ata Mallou este luns para apagar un lume no monte desta zona da capital galega, de pequenas dimensións, segundo informaron fontes deste corpo.

En Teo, as lapas rexístranse na parroquia de Calo dende as 17,42 horas. Nos labores para controlalas participan dous axentes, tres brigadas e dúas motobombas. Nun día de elevadas temperaturas, o índice de risco de incendio forestal é extremo en grande parte da comunidade galega.

29 de xuño de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.