publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home falece tras quedar atrapado baixo o tractor que manexaba no Barco

Europa Press

Un home faleceu na tarde deste mércores tras sufrir un accidente co seu tractor e quedar atrapado baixo o vehículo que envorcou no Barco de Valdeorras (Ourense). O accidente ocorreu ao redor das 17,30 horas deste mércores na parroquia de O Castro, despois do envorque da maquinaria agrícola, polo que foi necesaria a intervención de efectivos do parque comarcal para liberar o corpo do home.

Segundo informa o CAE 112 de Galicia, ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no mesmo lugar do accidente. Tamén acudiron, entre outros, membros do GES e Protección Civil de Valdeorras.

3 de xuño de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.