publicidade hoxe

Últimas horas para inscribirse no III Campus Obradoiro CAB – Barbanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Presentación do campus

Presentación do campus

Juan José Dieste, alcalde do Concello de Boiro, recibiu aos presentes no acto de presentación do III Campus Obradoiro CAB – Barbanza levado a cabo hoxe no edificio consistorial. A actividade pecha ademais o seu prazo de inscrición o vindeiro xoves 25 ás 14.00 horas, polo que os máis atrasados están a tempo de anotarse nela.

Dieste indicou que “a presenza do Rio Natura Monbus Obradoiro enriquecerá enormemente o baloncesto de Boiro, que tenta mellorar en medios técnicos e persoais. Estamos a falar dun club referencia en moitos aspectos, en especial o deportivo. Ademais, a diversidade das actividades que están programadas servirán para promocionar e dinamizar o noso Concello, que ten entre as súas liñas estratéxicas a creación de sinerxías entre deporte, turismo e economía”. 

É por iso que todos os nenos que xogan no club local C.B. Santa Baia, terán a tarifa máis económica do campus, a mesma que poden gozar os demais anotados que sexan irmáns.

Pola súa banda, Margarita Hermo, responsable de relacións e comunicacións da conserveira Jealsa, fixo referencia a que para a súa firma, “unha actividade como esta, na que se conxugan deporte, valores e nenos resulta sumamente gratificante”, engadindo que “os nenos son o futuro de Boiro e por iso anímoos a todos a participar nun campus tan ben organizado como este”

Óscar Rodríguez, administrador solidario de Espiña & Delfín, foi o conselleiro do club desprazado á presentación, onde agradeceu o apoio recibido na localidade barbancesa: “Por terceiro ano consecutivo trasladámonos aquí, onde se nos recibe como en casa, para consolidar unha actividade que nesta ocasión organiza en conxunto o club e a Fundación Heracles”

Agradeceu tamén a renovada aposta de Jealsa e o Concello de Boiro polo baloncesto. “Ter o Campus en Boiro conta con atractivos como a posibilidade de compaxinar baloncesto e praia, transporte desde Santiago. Ademais permitirá ter numerosas actividades complementarias ou a visita de técnicos e xogadores do equipo de Liga Endesa”, indicou.

O Campus contará coa dirección de Pablo Vázquez e Dan Petts no apartado técnico. Está dirixido para xogadores de entre 5 e 18 anos e ten marcados entre os seus obxectivos dar unha aprendizaxe de forma divertida para os máis pequenos e un proceso de tecnificación para os máis maiores.

Ademais das xa mencionadas firmas e institucións, colaboran coa actividade Jim Sports, Vive, Unika, Gadis, Cabreiroá, Soom, Cenor e o Club Baloncesto Santa Baia.

23 de xuño de 2015 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.