publicidade hoxe

Touro organiza unha xornada de pesca infantil este domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro organiza o vindeiro domingo, 28 de xuño, unha xornada de pesca infantil destinada a todos os nenos e nenas de 6 a 12 anos que queiran coñecer o mundo da pesca de río e estar en contacto coa natureza. Esta actividade está enmarcada na programación da xa tradicional Festa do Neno do Concello de Touro. A xornada de pesca fluvial terá lugar a partir das 11.00 horas na área Recreativa da Santaia. Técnicos da Consellería de Medio Ambiente soltarán á primeira hora da mañá  no río Lañas ao redor de 250 troitas autóctonas procedentes do Centro Ictioxénico de Sobrado dous Monxes. Daquela os nenos participarán na xornada de pesca e atenderán ás explicacións e consellos dos técnicos de Medio Ambiente. Será tamén unha xornada didáctica sobre natureza.

A Festa do Neno continuará pola tarde. E será na Praza do Luar, na zona onde está situada a Casa da Cultura e a piscina. Alí haberá inchables, obradoiros, un tobogán acuático e xogos de auga. O horario: de 16.00 a 20.00 horas. O tren turístico comezará o seu percorrido ás 13.00 horas. Xa as 20.00 horas e para despedir a xornada de diversión está programada a actuación do Mago Xacobe.

26 de xuño de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.