publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Soutomaior organiza unha procura do tesouro para nenos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

A Escola Municipal de Teatro do Concello de Soutomaior pecha mañá as súas actividades de fin de curso cunha “Procura do Tesouro”, unha última actividade na que participarán os máis de 50 alumnos dos tres grupos de teatro (de 4 a 17 anos). O xogo celebrarase mañá a partir das once da mañá na Carballeira de O Peirao, en Arcade.

Trátase dunha actividade de lecer alternativo para a mocidade que se celebra dentro das actividades culturais que pon en marcha o Concello de Soutomaior a través das súas diversas escolas municipais. O xogo pecha a dinámica de grupo que se inicia a principios de curso e da cal se terán que servir os alumnos para ir descubrindo unha serie de pistas que os guiarán ata o agocho do tesouro do terrible pirata Escarapote. No caso de que as condicións meteorolóxicas impidan o desenvolvemento do xogo no exterior a actividade trasladarase ao edificio Multiusos de Arcade.

29 de xuño de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.