Sober pecha as actividades do faladoiro dos luns
Onte, 29 de xuño, o Concello de Sober pechou as actividades do faladoiro dos luns cunha exposición de fotos e de traballos que inspiraron algún dos temas que se abordaron este ano. Tamén fixeron unha merenda con excelente repostería caseira.
Os faladoiros volverán na segunda quincena de setembro tras o éxito de participación e a boa acollida. Todos os participantes coinciden en que foi unha experiencia moi enriquecedora.