publicidade hoxe

Sober organiza unha xornada de portas abertas para arrancar a tempada de piscina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober celebra mañá un día de portas abertas con entrada de balde nas piscinas municipais para atraer aos veciños e veciñas ás instalacións. O horario das piscinas será de 13:00 a 21:00 horas todos os días da semana, de luns a domingo.

O Goberno local programou unha serie de actividades que levará a cabo durante o verán, como a celebración de dúas festas acuáticas con inchables, unha en xullo e outra en agosto. Tamén haberá actividades de bibliopiscina, cursos de natación para nenos e nenas e adultos os martes e xoves, obradoiros de pintura os mércores ás 19:00 horas, aquagym os mércores e venres ás 16:30 horas, e xogos e obradoiros para os máis pequenos os venres ás 19:00 horas.

Para poder participar nestas actividades é imprescindible anotarse nas propias instalacións. 

O Concello de Sober facilitará bonos mensuais familiares e infantís, así como bonos individuais. Tamén haberá entradas soltas. Os menores de seis anos non pagan. Os interesados poden informarse nas propias instalacións.

26 de xuño de 2015 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.